O alcalde de Lugo destacou o papel da UNED "como un referente de formación de calidade"

LugoXa
Así o sinalou no transcurso da recepción que ofreceu aos trinta participantes na Xuntanza do Campus Noroeste das Universidades a Distancia
Recepción-UNED-Concello-de-Lugo
26 Apr 2025

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu no Concello a unha delegación dunhas trinta persoas, participantes na Xuntanza do Campus Noroeste das Universidades a Distancia.

Durante o recibimento, puxo en valor “o papel da Universidade a Distancia en Lugo, como un referente da formación de calidade e esencial para avanzar na aposta pola educación pública, e con elo contribuír a unha sociedade máis igualitaria”.

Así o sinalou no transcurso da recepción que ofreceu aos trinta participantes na Xuntanza do Campus Noroeste das Universidades a Distancia, ao tempo que destacou o importante traballo desenvolvido pola Uned en Lugo nos últimos 15 anos de traxectoria.

Ademais, o rexedor municipal falou do importante que é para a cidade contar cun centro asociado da Universidade a Distancia, á hora de xerar e reter o noso talento e contribuír así ao crecemento do noso municipio.

⚙ Configurar cookies
0.1814022064209