O alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada, continúa apostando polo proxecto de Altri

LugoXa
Sostivo que, se cumpre cos estándares medioambientais de Europa, España e Galicia, “non entendo cal é o motivo de dicirlle que non”
Pablo Taboada PP Palas
17 Dec 2024

O alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada, defendeu o proxecto de Altri dicindo que a manifestación contra Altri deste pasado domingo non cambiará a instalación da empresa na provincia de Lugo.

Así, criticou que a concentración debeuse a “intereses de outro tipo” e que a concesión da licenza é un “procedemento reglado”, polo que, se cumpre cos estándares medioambientais de Europa, España e Galicia, “non entendo cal é o motivo de dicirlle que non”, sostivo o rexedor.

Ademais, engade que este era un proxecto “que todo o mundo quería” e que, de súpeto, sen que “cambiase nada, cambia a opinión para poñerse en contra”.

Por isto, desde a Alcaldía do Concello seguirán apoiando o proxecto “se reúne as condicións que debe reunir e Europa non ve incumprimento de nada do que se está a dicir, adiante, serán os técnicos os que avalíen o proxecto”.

0.16398215293884