O alcalde de Palas de Rei, positivo en covid
LugoXa
O seu contaxio está ligado á súa contorna familiar, pero non é o único membro da corporación local nesa situación. Toda a información, aquí
30 Jan 2021
O alcalde de Palas de Rei, o popular Pablo Taboada, vén de confirmar o resultado positivo da proba PCR que se lle realizou logo de estar en contacto, a semana pasada, cunha persoa contaxiada da súa contorna familiar, o que o obrigaba a estar xa en confinamento domiciliario.
Taboada xa realizara previamente outra proba diagnóstica que dera un resultado negativo pero, nesta segunda ocasión, o resultado foi positivo.
Varios membros da corporación local palense atópanse agora nunha situación semellante á do rexedor, con PCRs positivas. É o caso do segundo tenente de alcalde, Armando Sande, e da edila socialista Ana María Corredoira.