O alcalde de Palas denuncia a aparición de pintadas na Casa Consistorial

LugoXa
O alcalde de Palas de Rei denuncia varias pintadas presentes a fachada principal do edificio municipal que se realizaran pola noite.
Pintadas concello Palas
11 Maio 2022

A Casa Consistorial de Palas de Rei amenceu onte cuberta de pintadas. O alcalde da localidade, Pablo Taboada, denuncia varias pintadas presentes na fachada principal do edificio municipal que se realizaran pola noite.

O rexedor lamentou profundamente estes sucesos. Asemade, o rexedor chama a “todas as persoas que teñan algún tipo de queixa ou suxestión” a que utilicen os “cauces regrados” para amosar as súas disconformidades “sen ter necesidade de atentar contra o patrimonio dos veciños de Palas”. Nas pintadas, pódense ler lemas como “Eucalistos NON” ou “No a la industria”.

0.053012847900391