O alcalde de Portomarín presentou a súa renuncia

LugoXa
O alcalde de Portomarín, o popular Juan Serrano, presentou hoxe a súa renuncia como rexedor do Concello que goberna dende o 2011.
juan serrano alcalde portomarin
18 Out 2021

O alcalde de Portomarín, o popular Juan Serrano, presentou publicamente a súa renuncia como rexedor do Concello que goberna dende o 2011.

A renuncia do alcalde foi presentada o venres aínda que non se fixera pública ata hoxe, e Serrano xa anunciara que non se ía presentar ás vindeiras eleccións do 2023.

Previsiblemente, o tenente de alcalde, Pablo Rivas, asumirá o bastón de mando  a quen a presidenta do PP provincial, Elena Candia, trasladou o seu agradecemento en nome de toda a formación. "Agradecemos a Rivas o seu compromiso con Portomarín como ten demostrado á fronte da tenencia de alcaldía” e trasládalle o apoio do Partido Popular da provincia de Lugo para seguir “traballando por Portomarín”.

Candia, trasladou en nome de todo o Partido Popular lucense que “a política son ciclos e dende o PP lucense respectamos a decisión persoal de Serrano de abandonar a alcaldía, tal e como tiña anunciado”.

0.20038199424744