O Alcuentru Trad-Urbán tende pontes entre a música galega e a asturiana en Lugo

LugoXa
A música tradicional de transmisión oral entre Galicia e Asturias conflúen o sábado 23 de marzo en Lugo no Alcuentru Trad-Urbán.
alcuentru_2023_lugo_portada
20 Mar 2024

A música tradicional de transmisión oral entre Galicia e Asturias conflúen o sábado 23 de marzo en Lugo no Alcuentru Trad-Urbán. Os obradoiros, unha mesa redonda e varios concertos compoñen o programa da cita. Do mesmo xeito que o ano pasado, os obradoiros de instrumentos en horario de mañá, dende as 11.00 ata as 14.00, inauguran as actividades.

Impartirase pandeireta galega con Ismael Carcedo, baile galego da man de Rosalía Pérez e Anxo Vilabrille, pandeireta asturiana con Ramsés Illesies e tamén baile asturiano con Santi Galguera entre o local da asociación A Volta do Agro e o centro sociocultural Maruja Mallo. A partir das 18.00 horas, tamén no local do colectivo, terá lugar a mesa redonda Comparativa da situación da música e baile tradicional nos dous marcos xeográficos con Carme López Fernández, Ramón do Serrador e Aida Mariño Ardura.

Pola súa parte, os concertos estarán encabezados polas Pandereteres de Trebeyu e Pandeireteiras Sen Fronteiros a partir das 21.30 horas, ás que seguirán unha foliada dende as 00.00 horas. Alcuentru é un evento que xorde como oportunidade para amosar todas as semellanzas e diferencias entre as músicas tradicionais de transmisión oral entre Galicia e Asturias cunha perspectiva actual. Desta maneira, ao longo desta xornada haberá en Lugo un programa completo con obradoiros, mesa redonda e concertos aos que calquera se poderá achegar, con previa inscrición.

0.17159295082092