O Alpha Wolf Pack de Lugo suma 3 ouros e 5 bronces no campionato de Jiu Jitsu en León
Esta fin de semana celebrouse o Open de Castela e León de Jiu Jitsu Brasileiro en León. No pavillón da Torre reuníronse máis de mil persoas entre competidores e equipos técnicos, cita na que o equipo Alpha Wolf Pack volveu a amosar o seu gran nivel.
Comandado polo cinto negro o club lucense volveu a colleitar grandes resultados. O cinto azul Diego Rodríguez obtivo un ouro con kimono, outro sen kimono e bronce absoluto con kimono. O cinto gris Daniel flores fíxose con outro ouro con kimono na categoría infantil e Mark Flores obtivo un terceiro posto en cinto branco infantil. O bronce tamén foi para Adrián González, Brais Sánchez e Daniel Ismael López.
Tamén competiron, facendo unha gran actuación, Aymane Jalale, Lucas Fernández e Adrián Macías. E como parte da asistencia, acudiron á competición Yoel Barrios, Alex Lage, Leonardo Martins, Pablo Fernández e Pablo da Torre. A próxima parada para o Alpha Wolf Pack será o campionato de España FIJJD, que se celebra en Madrid no mes de maio.