O Alumeado de Nadal de Lugo acendeuse de maneira oficial no día de onte

LugoXa
En el día de ayer la ciudad de Lugo encendió de manera oficial las luces de Navidad. Estarán en funcionamiento hasta el 9 de enero.
luces nadal lugo
4 Dec 2021

A vicerreitora da USC do campus Terra, Montserrat Valcárcel deu comezo á campaña de Nadal 2021 promovida pola área de Cultura do Concello de Lugo co acendido das luces, que tivo lugar onte na Praza Maior. O acto contou co afamado xornalista José Luis Ramudo como conductor do acendido.

O Alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 9 de xaneiro de 2022, en horario de 18:00 a 00:30 horas durante a semana, e de 18:00 a 03:00 as fins de semana e vésperas de festivos.

Este ano un total de 69 rúas e prazas da cidade contan cun total de 186 arcos luminosos e 30 elementos ornamentais. Ademais, decoráronse 100 farolas. Entre os elementos ornamentais, destacan a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que e a decoración de 4 rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instaláronse outros motivos en 3D e árbores de 3 metros de altura. En total, o proxecto de alumeado conta con 844.635 luces LED, repartidos entre 186 arcos e 582 elementos de distintos tipos.

O percorrido do Camiño Primitivo pola cidade recibiu unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo decoráronse con luces para manter o atractivo turístico desta figura durante o Nadal.

A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, ten unha altura de 20 metros., A contorna conta con 3 figuras que poden ser utilizadas pola veciñanza como photocall.

A maiores do proxectado pola área de Cultura, a empresa concesionaria ofreceu unha serie de melloras ao alumeado, que se instalaron na praza de Augas Férreas (9 arcos e 5 farolas), na Estrada Vella de Santiago (3 arcos) e na Rúa Magnolia e Pista Vermella de Fingoi (2 arcos e 2 farolas).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18713808059692