O alumnado do Campus de Lugo pode anotarse en cursos sobre competencias en información

LugoXa
A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo convoca dous cursos de nivel básico e avanzado sobre competencias en información orientados á participación do alumnado de grao na sede universitaria luguesa.
4 Feb 2024

A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo convoca dous cursos de nivel básico e avanzado sobre competencias en información orientados á participación do alumnado de grao na sede universitaria luguesa. A inscrición nestes módulos formativos que se desenvolverán de xeito virtual é gratuíta e o prazo permanece aberto ata o 15 de febreiro na secretaría virtual da USC.

O alumnado da USC que estea a completar estudos de grao nas facultades de Veterinaria, Administración e Dirección de Empresas e Humidades, así como na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e mesmo nos centros adscritos de Relacións Laborais e Enfermaría poden participar de balde nesta acción formativa promovida desde a Biblioteca Intercentros co apoio do Campus Terra da USC.

As persoas que superen esta formación poderán solicitar o recoñecemento dun crédito ECTS. Tamén se pode obter máis información a través do enderezo de correo electrónico biblioteca.intercentros.servizos@usc.es

0.11434006690979