O alumnado do CEIP Plurilingüe de Monterroso visitou o Centro de Artesanía e Deseño

LugoXa
As alumnas e alumnos do centro fixeron a súa interpretación dos pregos de cordel, creando historias debuxadas sobre cuestións de actualidada na vila e na súa contorna
alumnado-Monterroso-no-Centrad-de-Lugo
14 Dec 2024

O alumnado do CEIP Plurilingüe de Monterroso visitou a Colección de Instrumentos e Obxectos Sonoros do Centro de Artesanía e Deseño, onde participaron nun taller de construción dun asubío e foron recoñecidos pola participación nun certame convocado coincidindo coa cuarta edicion do Celme de Zanfona dedicado aos cegos cantores.

As alumnas e alumnos do centro fixeron a súa interpretación dos pregos de cordel, creando historias debuxadas sobre cuestións de actualidade na vila e na súa contorna, como a resposta social ao proxecto de instalación de Altri ou a chegada dun colectivo de inmigrantes.

A deputada de Cultura, Iria Castro, acompañada polo director da Colección de Instrumentos e coordinador do Celme de Zanfona Luciano Pérez e pola lingüística Montserrat González, do Servizo de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, felicitounos polo traballo realizado e animounos a seguir cultivando a súa faceta creativa e agradeceu a implicación do profesorado do centro.

0.15227794647217