O alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe da Luz de Portomarín coñece o Pazo de San Marcos

LugoXa
Durante a visita, os estudantes coñeceron de primeira man o funcionamento da institución provincial
Deputación-CEIP-Plurilingüe-Virxe-da-Luz-de-Portomarín
11 Apr 2025

Un grupo de 18 estudantes do CEIP Plurilingüe Virxe da Luz de Portomarín tivo a oportunidade de coñecer o Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo.

A visita foi recibida pola deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, quen deu a benvida aos alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º de primaria no Salón de Actos do Pazo.

Durante a visita, os estudantes coñeceron de primeira man o funcionamento da institución provincial, a historia do emblemático edificio e percorreron as diferentes dependencias da Deputación. Ademais, como agasallo institucional, os estudantes recibiron unha mochila, unha gorra e unha camiseta.

Esta actividade forma parte das iniciativas da Deputación para achegar aos máis novos o coñecemento das institucións e o patrimonio histórico da provincia, ofrecendo unha experiencia educativa e cultural enriquecedora.

⚙ Configurar cookies
0.10680794715881