O alumnado do colexio Casás inaugura a proposta do Concello para dar a coñecer a Praza de Abastos

LugoXa
O tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira responsable da área de Participación, Cristina López recibiron na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do colexio Casás.
colexio_casas_praza_de_abastos
20 Feb 2024

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira responsable da área de Participación, Cristina López recibiron na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do colexio Casás. Este grupo deu comezo á actividade que a área de Participación vén de poñer en marcha co obxectivo de que as nenas e nenos “coñezan a importancia da alimentación e ao mesmo tempo visiten a Praza de Abastos e coñezan os produtos de primeira calidade que se comercializan nestas instalacións”.

As nenas e nenos realizaron unha visita guiada á praza, onde coñeceron os distintos produtos e a importancia do comercio de proximidade e dos produtos ecolóxicos e de KM0. “Continuamos a traballar para dinamizar a praza con este tipo de actividades, que permiten que as nenas e nenos coñezan as instalacións e os distintos postos”, afirmou Cristina López.

A concelleira engadiu  que continúan a “promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que as veciñas e veciños aposten por realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".

0.1940450668335