O alumnado do colexio Quiroga Ballesteros trasladou as súas propostas ao alcalde de Lugo

LugoXa
A maioría das cuestións estiveron relacionadas co seu propio centro de ensinanza, pero tamén sobre os parques infantís da cidade, mobiliario urbano e peonalización
alumnado-Quiroga-Ballesteros-Lugo
26 May 2025

Un grupo de 16 alumnos e alumnas de 9 e 10 anos do colexio Quiroga Ballesteros foron recibidos na Casa Consistorial do Concello de Lugo para coñecer o funcionamento e obxectivos da Administración Local.

Así, durante a visita, aproveitaron para facerlle chegar ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, algunhas peticións e suxestions, principalmente para o seu colexio.

Os alumnos e alumnas do que é o único centro público de Educación Infantil e Primaria dentro do recinto amurallado trasladaron ao alcalde o seu interese por diversas cuestións, a maioría relacionadas co seu propio centro de ensinanza, pero tamén sobre os parques infantís da cidade, mobiliario urbano e peonalización.

⚙ Configurar cookies
0.11780691146851