O alumnado do CPI Plurilingüe de Castroverde recibiu a visita da Apalpadora

LugoXa
Así, chegou o espectáculo de narración oral e música protagonizado por Antía Vázquez, a filla do Apalpador, e o músico André Espiñeira
Apalpadora-Castroverde
12 Dec 2024

O alumnado de primaria do CPI Plurilingüe de Castroverde recibiu a visita da Apalpadora: o espectáculo de narración oral e música protagonizado por Antía Vázquez, a filla do Apalpador, e o músico André Espiñeira.

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega ás nenas e nenos a historia deste personaxe de Nadal transmitida a través da tradición oral, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán, e revitalizada na última década grazas ao impulso de asociacións e colectivos culturais de todo o país.

Ao longo deste mes, o espectáculo chegará a corenta centros de ensino e espazos culturais e veciñais das distintas comarcas.

⚙ Configurar cookies
0.15908193588257