O alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes traballa sobre a crise climática da man da UNED

LugoXa
A UNED de Lugo, en colaboración co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, impartiu unha actividade sobre a crise climática ao estudantado de Bacharelato STEM do instituto.
uned_ies_nosa_senora_dos_ollos_grandes
2 Feb 2024

A UNED de Lugo, en colaboración co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, impartiu unha actividade sobre a crise climática ao estudantado de Bacharelato STEM do instituto. A iniciativa, recollida baixo o nome de Alfabetización Climática. Educación para o Desenvolvemento Sostible, está amparada dentro de Lugo Naturalmente, un proxecto de divulgación ambiental do programa UNED Futura da Universidade.

A directora da UNED Lugo, Ana Traseira, e Paula Fernández, bióloga ambiental do Centro, foron as persoas encargadas de realizar a actividade. Impartiron unha breve conferencia sobre o contexto histórico da crise climática para despois levar a cabo un debate co alumnado. Así mesmo, co motivo do próximo 11 de febrero, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, dúas alumnas do Bacharelato artístico entrevistaron ás poñentes como representantes de científicas lucenses en materia de cambio climático.

Con esta, serán un total de sete as ponencias as impartidas no nome de esta iniciativa que contribúen á creación dunha cultura científica e ambiental nas persoas da cidade de Lugo.

0.16007900238037