O alumnado do Obradoiro Dual de Emprego mellora o entorno urbano de Monterroso

LugoXa
Este tipo de iniciativas contribúe ao mantemento e mellora dos espazos públicos, ao mesmo tempo que ofrece formación e experiencia laboral aos seus participantes
obradoiro-dual-de-emprego-Monterroso
8 Mar 2025

O alumnado do módulo de xardinería do Obradoiro Dual de Emprego Terras do Miño-Ulla I está a realizar labores de acondicionamento e poda na Travesía de la Cuesta e na Praza a Alameda, mellorando o espazo público de Monterroso.

Recentemente, foron captadas imaxes do resultado final despois dos traballos realizados coa hidrolimpadora, que deixaron as zonas máis limpas e ordenadas.

Neste módulo de xardinería, participan dez alumnos procedentes dos tres concellos que forman parte do obradoiro: Portomarín, como concello promotor, e Palas de Rei e Monterroso.

O obradoiro dual de emprego está financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e ten como obxectivo mellorar a empregabilidade dos participantes a través de formación práctica e teoría no ámbito da xardinería.

Este tipo de iniciativas contribúe ao mantemento e mellora dos espazos públicos, ao mesmo tempo que ofrece formación e experiencia laboral aos seus participantes.

⚙ Configurar cookies
0.78109097480774