O alumnado do Obradoiro Terras do Miño-Ulla I visita o Museo de Monterroso

LugoXa
Durante os próximos meses, os participantes se dedicarán á elaboración de material informativo para os visitantes do municipio
Obradoiro-dual-de-emprego-visita-Monterroso
25 Feb 2025

Os alumnos do módulo de turismo do obradoiro dual de emprego Terras do Miño-Ulla I visitaron o Museo e Centro de Interpretación 'Monterroso, a vila das feiras'.

Durante a visita, tiveron a oportunidade de coñecer o contido do museo e recibir explicacións sobre a súa importancia histórica da man da súa responsable, María José Alvite.

Acompañados tamén polo alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, os participantes aproveitaron a ocasión para realizar un percorrido polo centro e coñecer máis sobre o traballo que van a desenvolver na localidade.

Neste módulo participan dez alumnos procedentes dos tres concellos que forman parte do obradoiro: Portomarín, Palas de Rei e Monterroso. De Monterroso, en concreto, son tres os alumnos que se forman no módulo de turismo.

Durante os próximos meses, os participantes se dedicarán á elaboración de material informativo para os visitantes do municipio. Tamén levarán a cabo a inspección das rutas turísticas de Monterroso, co fin de revisar a sinalización e verificar se son accesibles en todos os seus puntos, identificando posibles melloras.

Ao finalizar a súa formación, os alumnos recibirán o certificado de profesionalidade en promoción turística local e en información ao visitante, o que lles permitirá consolidar a súa formación e dar un paso máis no ámbito do turismo local.

⚙ Configurar cookies
0.092997074127197