O alumnado do taller de emprego Terras do Miño-Ulla I actúa na área recreativa da Peneda

O alumnado do obradoiro de emprego Terras do Miño-Ulla I realiza labores de conservación na área recreativa da Peneda en Monterroso.
Ademais, ao longo de todo o ano actuará en diversos espazos públicos do municipio, como a zona do Caracacho, a Praza de Santa Lucía ou o entorno da Cúpula, entre outros.
O pasado 10 de decembro comezou o Obradoiro dual de emprego Terras do Miño-Ulla I, cuxo promotor este ano é o Concello de Portomarín en colaboración cos de Monterroso e Palas de Rei.
O obradoiro ofrece formación teórica e práctica nos módulos de turismo e xardinería. O alumnado deste último é o que iniciou as labores de conservación na área recreativa da Peneda, en Monterroso.