O alumnado en prácticas que está a traballar no Museo Provincial de Lugo recibiu unha visita

LugoXa
Este programa de colaboración facilita a formación especializada do estudantado e reforza os vínculos entre as universidades galegas e as institucións culturais da provincia
visita-alumnado-prácticas-Museo-Provincial-de-Lugo
26 Feb 2025

Varios estudantes están a realizar Prácticas Académicas Externas (PAE) no Museo Provincial de Lugo, centrados en traballos prácticos relacionados coa xestión museística baixo a titoría da dirección facultativa do museo e do profesorado da súa facultade de orixe.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e a deputada de Cultura, Iria Castro, falaron con Diego Castro e Xana Pardo, da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela; con Lucía Fernández, da Facultade de Documentación da Universidade da Coruña; e con Javier Fernández, bolseiro da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que está completando a súa formación en museos na institución provincial.

As estancias do alumnado no museo teñen unha duración variable, comprendida entre un e dous meses, permitindo así unha inmersión na realidade profesional da práctica museística. Este programa de colaboración facilita a formación especializada do estudantado e reforza os vínculos entre as universidades galegas e as institucións culturais da provincia.

As Prácticas Académicas Externas desenvólvense a través de convenios específicos asinados coas universidades correspondentes, que regulan as estancias do alumnado no Museo Provincial de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.50251722335815