O anpa do CEIP San Xoán de Becerreá prepara varias actividades

LugoXa
O anpa do CEIP San Xoán de Becerreá prepara varias actividades para este curso, nas que tamén haberá un concurso de fotografía.
camara fotografia
9 May 2021

A nova directiva do anpa do CEIP San Xoán de Becerreá prepara unha nova oferta de actividades, abertas e gratuítas e convidan a todas as familias a participar nelas.

Para fomentar a formación e información das familias este ano no que se complican as actividades presenciais o anpa optou pola formación virtual para manter informadas as familias. Estas actividades están a ter moita aceptación entre as familias.

As próximas semanas faranse públicas as bases da I edición do concurso de Fotografía familiar, coa que se pretende aumentar o coñecemento de enclaves e recursos paisaxísticos da zona de Becerreá por parte dos nenos e das súas familias.

As familias do centro poden fotografar paisaxes, edificios, parques, flora, fauna, persoas...da zona con premios en diversas categorías e por participación.

Becerreá situada na porta da Reserva da biosfera dos Ancares ten moitas zonas preciosas para este tipo de concursos, conta con zonas que acentuaron as súas visitas pola pandemia e o rexurdir das actividades ao aire libre e en zonas pouco poboadas, está a buscarse axuda institucional para facer unha exposición coas fotografías, como forma de difusión e recoñecemento do traballo dos participantes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19213795661926