O Anxo Carro de Lugo acolle este venres o derbi provincial entre o CD Lugo B e a SD Sarriana

O estadio Anxo Carro de Lugo acolle este venres, ás 12.00 horas, o derbi provincial entre o CD Lugo B e a SD Sarriana, "unha festa para o fútbol lucense", do que se poderá gozar no campo lucense, "un dos choques máis atractivos" da décimo cuarta xornada da competición ligueira de Terceira Federación.
Ao encontro, poderán asistir todos os afeccionados aos dous equipos, sendo a entrada para as persoas de menos de 14 anos gratuíta e de 10 euros para as de 15 anos en diante. Ademais, só habilitarase a bancada de preferencia.
Desde o Club Deportivo Lugo explica que as nenas e nenos menores de 15 anos abonados poderán acceder de forma ao encontro. O prezo das entradas para o público xeral (a partir de 15 anos) será de 10 euros. Só habilitarase a bancada de Preferencia.
As persoas que desexen adquirir a súa entrada para o partido, poderán facelo no horario habitual de atención ao público en oficinas do estadio Anxo Carro (de luns a venres: de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas) e na tenda oficial CDLU Store (de luns a venres: de 10.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas; e os sábados de 10.00 a 13.30 horas).