O Anxo Carro foi o escenario do partido histórico do equipo feminino do Club Deportivo Lugo
O equipo feminino do Club Deportivo Lugo xogou por primeira vez na historia da entidade no estadio Anxo Carro, enfrontándose contra o Real Sporting de Xixón B.
As albivermellas, que xogaron na casa nunha tarde pasada por auga, puxeron todas as súas forzas no partido, no que a xogadora Asia conseguiu anotar un tanto, igual que as contrincantes, que tamén marcaron un gol.
Desta maneira, centos de persoas achegáronse ao Anxo Carro para ver este encontro histórico, que, ademais, o adestrador das albivermellas definiu como "unha festa", mentres que as albivermellas, representadas por Asia, cualificaron o evento de "unha experiencia enriquecedora para todas", compartindo a opinión da capitá, Yanire Reimóndez, que nunhas palabras a Lugoxa sostiña que esta era "unha oportunidade única".