O aparcadoiro do campo das Gándaras precisa un arranxo

LugoXa
Alexandre Penas: “desde o BNG reclamamos que o Goberno do Estado recolla as solicitudes veciñais e actúe nesta zona urxentemente”.
Alexandre Penas nas Gandaras
9 May 2022

O edil do BNG en Lugo, Alexandre Penas, reclamou onte ao Goberno do Estado unha solución para o aparcadoiro do campo de fútbol das Gándas. Unha instalación que ten un “avanzado estado de desgaste”.

O edil afirmou que “constantemente” moitos veciños que asisten ao campo habitualmente realizan esta reclamación, xa que “non contan con accesos nin espazos de estacionamento dignos”.

Alexandre Penas explicou que ”desde as áreas de goberno que xestionamos desde o BNG tratamos de resolver as reclamacións que nos chegan, mellorando a calidade de vida da veciñanza no menor tempo posíbel”. Segundo o edil nacionalista, “o goberno ten que lembrar que Lugo existe e manter as súas instalacións nun bo estado de conservación”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12442493438721