O Arde Lucus 2025 xa ten cartel anunciador despois de ser escollido entre máis de 60 propostas

LugoXa
O cartel escollido foi 'Saxa et Gloria' da deseñadora Marieta Orol Chao
Cartel-Arde-Lucus-2025
17 Apr 2025

O Arde Lucus 2025 xa ten cartel anunciador despois de ser escollido entre máis de 60 propostas e tras a deliberación dun xurado formado por Ramón Cabarcos, director da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón; Enrique González, arqueólogo do Concello de Lugo e Christian Gutiérrez, deseñador gráfico.

O cartel escollido foi 'Saxa et Gloria' da deseñadora Marieta Orol Chao, ideou e deseñou unha obra "digna dos deuses, que nos representará nesta viaxe ao pasado", din desde o Concello.

Este deseño representa desde xa a imaxe de estas festas, que reviven cada ano a maxia, lume e o espírito da antiga Lvcvs Avgvsti.

Así, agradecen a todas as persoas que participaron coas súas propostas, xa que "cada unha delas foi unha mostra de talento e paixón pola historia e polo Arde Lucus", concluíron.

⚙ Configurar cookies
0.11343097686768