O Arde Lvcvs estrearase na categoría internacional coa arte culinaria da antiga Roma

LugoXa
Por primeira vez o Arde Lvcvs nos permitirá mergullarnos na arte culinaria da antiga Roma. Lara Méndez presentaba hoxe a programación
presentacion arde lucus internacional programa 2023 1
16 Xuño 2023

De venres a domingo 8 cociñeiros elaborarán ante o público os bocados máis exquisitos, como bacallau, hamburguesas, costela, tortilla e mesmo xeado, que a cidadanía poderá degustar in situ ou coller para levar. Unha gran cacharela o venres, na explanada do pavillón municipal, conciliará a festa co Lume Novo coa do Arde Lvcvs e os concertos de Céltica - Pipes Rock e Fillas de Cassandra caldearán as noites de sábado e domingo.

Cando resta menos dunha semana para que comece unha nova edición do Arde Lvcvs, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, daba a coñecer esta mañá os detalles máis significativos do programa das festas, organizadas pola Concellería de Xuventude en colaboración co tecido asociativo da cidade.

Para a presentación, a rexedora estivo acompañada do edil responsable de área, Mauricio Repetto, así como dos cociñeiros Alejandro Méndez (Os Cachivaches) e Vicepresidente da Asociación Cociñeiros Lugo e Santiago Almuiña, do Mesón Colón; xunto a unha ampla representación do movemento asociativo, principal actor das celebracións de recreación histórica.

A mandataria lucense explicou que, precisamente, “todo este elenco obedece á principal novidade que ofrece a axenda do Arde Lucus de 2023, no que a nosa gastronomía, que xa é un reclamo durante todo o ano, dentro e fóra das nosas fronteiras, será tamén unha das principias protagonistas do programa nesta XXII edición.

Así, Méndez avanzou que o Semisoto da Praza de Abastos, a rúa Quiroga Ballesteros e a Praza de Santo Domingo serán dende o 23 e até o 25 de xuño o esceranario de ARS CVLINARIVM.

“Da man da Asociación Cociñeiros Lugo, poderemos gozar da gastronomía da antiga Roma a través de tapas cociñadas polos máis dignos chefs de Lvcvs Avgvsti!”

“Dende o venres, ás 20:00 horas e toda a fin de semana, seremos testemuñas da súa elaboración pero tamén catadores dos bocados máis exquisitos da antiga Roma, elaborados cos mellores produtos e da man dos mellores profesionais da rexión”, abondou.

Oito cociñeiros, caracterizados para a ocasión, ocuparán unha cociña de madeira que se asentará diante da Praza de Abastos para que a cidadanía poida observar como se elaboran as tapas en todo momento, así como adquirilas e degustalas alí mesmo ou levalas para comer noutro lugar ou pola rúa mentres se disfruta do resto de actividades e espectáculos previstos.

A rexedora sinalou, igualmente, que a adquisición destas tapas e tamén das consumicións farase mediante TOKENS, unha moeda específica para a ocasión que se poderá intercambiar por euros nunha taquilla habilitada ao efecto.

“Poderemos degustar receitas como arroz con polbo e bacallau afumado, hamburguesa calzone, majado de queixo e especias e hortalizas, costela de porco asada e salsa Garo, cachorro criollo , tortilla de Nabos e ortiga con crema de queixo afumado, empanada de bonito, albondigas en salsa, allos porros confeitados e picada de froitos secos e xeado de mazá. Un saboroso menú que nos permitirá mergullarnos aínda máis no noso pasado agora, tamén, dende o sentido do gusto”, afirmou Lara Méndez.

A rexedora fixo fincapé en que, “nesta edición tan especial para nós, a primeira co recoñecemento de interese turístico internacional, non podiamos perder de vista a importancia que a gastronomia ten para a cidade de Lugo, como un dos nosos patrimonios inmateriais máis valorados e que nos confiren tanta fama, pero tamén como un signo identitario da nosa cultura, un polo de atracción turística e un importante recurso da dinamización económica da cidade”.

A este repecto, Méndez lembrou que “este ano acabamos de acadar dus millóns de euros dos fondos europeos da Estratexia Estatal de Recuperación, Transformación e Resilencia do Goberno central para sufragar parte do proxecto municipal ‘...Et edendo, Lucus’, co que pretendemos impulsar o posicionamento de Lugo como un destino turístico sostible para visitantes nacionais e estranxeiros en calquera época do ano - tamén no Arde Lucus, como non - e converter á capital lucense nun referente gastronómico e cultural atendendo ao forte compoñente histórico da cidade e á súa importante vinculación ambiental, co río Miño como aliciente”.

Dentro do programa desta estratexia - acordado cos axentes turísticos e o sector público e privado - unha das iniciativas máis destacadas é a recuperación con criterios de máxima eficiencia enerxética da Fábrica da Luz, situada na ribeira do Miño, onde se quere crear un centro de enogastronomía que impulse, aínda máis, a tradición do tapeo na cidade, “esa que tanto valoramos as e os propios lucenses pero tamén todas as persoas que nos visitan ao longo do ano. Lugo xa non se podería entender sen a súa gastronomía ‘…e para comer Lugo…’, engadiu.

“Pois ben, estes días, queremos que ese privilexio que temos en Lugo de contar cunha ampla oferta gastronómica, de elevadísima calidade, así como duns profesionais de alto nivel, se proxecte aproveitando a expectación do Arde Lucus con esta Ars Culinarium e iniciar, deste xeito, os pasos para acadar a declaración de Cidade Gastronómica da UNESCO que temos por obxectivo lograr nos vindeiros anos. Esta será, como digo, a principal novidade das festas pero tamén imos aproveitar a coincidencia de que, en plenas celebracións, teña lugar o Lume Novo que, para o caso do Arde Lucus, terá como referente o Lvme e ferro”, anunciou a alcaldesa.

Coincidindo con San Xoán as Asociacións Civitas Lvcensis, Clan de Breogán, Cohors III Lvcensivm, Lvcvs Eqvites, Lvcvs Icenas Miliatore, Lvgdvnvm, Pax Romana, Salesiani Lvci Avgvsti, Terra Copora, Tir Na N´Og, Trebas Galaicas, organizarán unha cacharela moi especial na Explanada do Pavillón Municipal, o venres, 23, ás 23:30 h.

E, tamén este ano, se incrementa o número de escenarios do Mivdo Arde para diversificar a oferta de actividades infantis en diferentes ubicacións incluíndo, entre as localizacións habituais - alén da Praza da Soidade e o Macelum, na Praza Maior - o tramo peonil da Muralla onde as diferentes Asociacións ofrecerán xogos e entretemento aos máis pequenos e pequenas da casa.

A rexedora fiso alusión, asemade, aos dous grandes concertos previstos nesta edición. Ámbolos dous terán lugar na Praza de Santa María, o primeiro deles o sábado, a media noite, Céltica - Pipes Rock, e o segundo, o domingo ás 21:30 horas coas viguesas Fillas de Cassandra.

“Ofrecemos así, por un lado a oportunidade de escoitar en directo a unha das bandas máis innovadoras e activas do folk e rock celta, pero tamén a unhas galegas que son xa recoñecidas como a Mellor Música do Ano en Galicia, de 2022”, indicou Méndez.

Pola súa parte, o concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto debullou outros aspectos do programa “co que queremos que lucenses e visitantes revivan o pasado romano e castrexo da cidade e coñezan os costumes e tradicións da nosa historia xa dende o xoves, cando se agarda a entrada das tropas romanas en Lvcvs Avgvsti e se celebre o posterior acendido do lume sagrado. Dende ese momento e até o domingo, as rúas e prazas da capital sentirán un rebulir de espectáculos teatrais, musicais, actuacións todas elas que reproducirán as costumes de hai dous mil anos o que servirá tamén como unha ferramenta didáctica que nos axudará a profundar na nosa identidade”.

Repetto Morban afirmou tamén que actividades xa consolidadas como o Circo ou os desfiles se manterán nos mesmos espazos e cos mesmos itinerarios que outros anos “para darlle continuidade a esa parte do Arde Lvcvs tan exitosa e que tamén contribúe a definir a propia festa”.

Finalmente, Alejandro Méndez e Santiago Almuíña explicaron que entre as tapas de inspiración romana creadas para o Arde Lucus os asistentes atoparán, pratos típicos de época como o arroz con polbo e bacallau afumado, nos que adquire unha gran importancia a calidade da materia prima empregada alén da utilización das técnicas naquel momento.

presentacion arde lucus internacional programa 2023 2
mapa arde lucus 2'23
0.20207810401917