O arqueólogo Celso R. Cao e Germán Díaz guían o martes 9 visitas musicadas ao Mitreo
O programa Noites na Domus, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan con apoio económico USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, como unha actividade complementaria do ciclo Músicas a carón da Mosqueira que permite ao público gozar de visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, ofrece o vindeiro martes 9 de maio, unha dobre sesión de visitas guiadas por Celso R. Cao e con acompañamento musical do zanfoñista do Arneiro Germán Díaz.
O primeiro dos dous pases programados, para os que o aforo máximo é de 25 participantes, comezarán ás 20.00 e ás 21.30 horas, respectivamente. As persoas interesadas poden solicitar xa de balde as entradas a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.gal. Tamén se poden informar a través do número de teléfono 982 821 511 en quenda de 9.00 a 14.00 horas.