O Arquivo Histórico de Lugo inaugura unha mostra sobre a historia da cidade

LugoXa
Anxo M. Lorenzo, participou no Arquivo Histórico Provincial de Lugo na apertura da exposición A cidade e as xentes. Lugo 1070-1975.
historia arquivo provincial exposicion
16 Jun 2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou no Arquivo Histórico Provincial de Lugo na apertura da exposición A cidade e as xentes. Lugo 1070-1975, coa que a Xunta de Galicia pon en valor os fondos documentais que custodia o arquivo e que permiten amosar a evolución da cidade de Lugo e os seus veciños.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou o valor histórico da mostra que fai posible “abrir ao público e divulgar o inxente traballo de custodia e conservación que realizan os arquivos galegos con documentos de gran interese”. Salientou, ademais, o seu papel como recurso didáctico, polo que tamén se organizarán visitas para os centros de ensino.

A mostra está situada na sala polivamente do Arquivo e poderá visitarse ata o 31 de decembro. Amosa a evolución da cidade e dos seus veciños a través de máis de 400 fotografías custodiadas no Arquivo Histórico. Son autoría de Jesús Vega, que chegou na década dos 40 para traballar como fotógrafo, primeiro na rúa e nos actos sociais como os bailes do Círculo, e posteriormente como fotógrafo da prensa local.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18194603919983