O artista Diego As foi recoñecido nun acto de agradecemento polo mural que pintou no HULA

LugoXa
A obra, denominada 'Resiliencia Floreciente', está nun espazo moi visible e pode admirarse dende todas as plantas
Hula-flor-de-Toxo
2 May 2025

O artista Diego As foi recoñecido nun acto de agradecemento polo mural que pintou no interior do Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula), unha flor de toxo a gran escala que simboliza a resiliencia.

A obra, denominada Resiliencia Floreciente, está nun espazo moi visible e pode admirarse dende todas as plantas.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou que o artista lucense “demostra unha vez máis o seu talento e compromiso social con este traballo, que aporta cor e emoción ao recinto hospitalario”, polo que lle trasladou o recoñecemento da Xunta.

Apuntou, ademais, que “moverse nun entorno agradable favorece o benestar emocional, un factor que cobra especial importancia no ámbito clínico”.

Tamén felicitou á área de Humanización do Hula, promotora da iniciativa, polo labor que realizan para mellorar a calidade de vida dos pacientes.

⚙ Configurar cookies
0.18986201286316