O Auditorio Fuxan os Ventos acolle o XI Encontro de Centros de Danza este sábado

LugoXa
O Conservatorio de Danza de Lugo organiza este evento no marco das actividades arredor do Día Internacional da Danza que se conmemora o 28 de abril
encontro-de-danza-Lugo
24 Apr 2025

O Conservatorio de Danza de Lugo convoca este sábado día 26 o XI Encontro de Centros de Danza de Galicia no Auditorio Fuxan os Ventos, no marco das actividades arredor do Día Internacional da Danza que se conmemora o 28 de abril.

O centro lucense, o único dependente da Xunta onde se poden cursar as ensinanzas elementais e profesionais na materia, organiza unha función que dará comezo ás 19.30 horas e na que participarán preto de 200 bailaríns de 19 centros da especialidade.

Ademais, esta tarde de xoves, 24 de abril o auditorio acollerá un concurso coreográfico para o seu propio alumnado, que está dedicado á bailarina e coreógrafa española Tamara Rojo, directora do San Francisco Ballet. Comezará ás 19.30 horas e distribuirá premios en catro categorías: ao mellor bailarín, bailarina e coreografía, ademais da coreografía que elixa o público asistente.

⚙ Configurar cookies
0.1658570766449