O Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo acollerá a IV Gala de Danza

LugoXa
Esta será a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), un evento solidario que une arte e compromiso social
Gala-de-Danza-contra-o-cancro-Lugo
28 Jan 2025

O Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo acollerá a IV Gala de Danza a favor da Asociación Española Contra o Cáncer (AECC), un evento solidario que une arte e compromiso social, esta tarde de martes, a partir das 20.00 horas.

Este ano, a gala contará cunha colaboración especial: o Ensemble de clarinetes do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, que poñerá a nota musical a esta cita solidaria.

Ademais, para aqueles que non poidan asistir pero desexen aportar o seu gran de area, estará habilitada unha fila 0, permitindo colaborar coa AECC Lugo mediante doazóns.

A iniciativa busca recaudar fondos para a loita contra o cancro e apoiar as persoas afectadas pola enfermidade, combinando o talento artístico coa solidariedade da comunidade lucense.

0.17074084281921