O Auditorio Gustavo Freire acolleu a XIII Gala de Danza a favor de Unicef

LugoXa
O alumnado do Conservatorio de Danza Profesional de Lugo ofreceu diversas coreográficas que amosaron o seu traballo en diferentes disciplinas
Conservatorio-de-danza-CDAN-Lugo-Gala-solidaria-Gustavo-Freire
18 Dec 2024

O Auditorio Gustavo Freire acolleu a XIII Gala de Danza a favor de Unicef, organizada polos alumnos do Conservatorio de Danza Profesional de Lugo, nos graos elemental e profesional.

Á actuación, na que o alumnado ofreceu diversas coreográficas que amosaron o seu traballo en diferentes disciplinas, acudiu a deputada provincial de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira; a deputada provincial de Cultura, Iria Castro; a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro; a edil de Participación, Cristina López; e o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; entre outros.

Maite Ferreiro destacou "a importancia" da colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo co Conservatorio de Danza na difusión desta arte entre a veciñanza.

Os fondos recadados destinaranse integramente aos programas de Unicef, co obxectivo de garantir os dereitos da infancia a nivel global.

O CDAN, o único centro profesional de danza dependente da Xunta, iniciou a súa actividade hai vinte anos e actualmente conta cuns 250 estudantes matriculados.

⚙ Configurar cookies
0.10367703437805