O Auditorio Gustavo Freire de Lugo acolle a presentación de ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’

O Auditorio Gustavo Freire de Lugo acolle a presentación de ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’, o novo traballo musical de Pakolas promovido polo CRAEGA.
Desta maneira, Pakolas e Laura Romero presentarán o seu novo espectáculo 'Ecoralia', que comezará a formar parte dos circuítos oficias de programación cultural e didáctica a partir de 2025.
Paco Cerdeira, ou Pakolas, nome co que se presenta ante o público infantil, é músico e compositor, cunha longa traxectoria neste eido profesional, sumando máis de 16 anos en diferentes bandas de música infantís.
Este novo álbum musical contén seis novas cancións e tamén un conto, e a súa edición en formato libro físico será distribuída gratuitamente nalgunhas das bibliotecas de Galicia e tamén entre colexios.
A través dunha historia entretida e fermosa e da súa música rockeira, con Ecoralia como personaxe principal, os máis pequenos coñecerán a importancia de consumir alimentos ecolóxicos certificados, para coidar tanto da nosa propia saúde como da contorna que nos rodea.