O baloncesto 3x3 percorrerá os barrios de Lugo para fomentar a competición sa

LugoXa
A actividade Basket na rúa chegará á praza Anxo Fernández e á da Milagrosa os sábados de abril, maio e xuño para impulsar a convivencia a través do deporte O baloncesto 3x3 será o protagonista nos distintos barrios da cidade ao longo dos tres próximos meses grazas á actividade Basket na rúa.
basketnarua
27 Mar 2024

A actividade Basket na rúa chegará á praza Anxo Fernández e á da Milagrosa os sábados de abril, maio e xuño para impulsar a convivencia a través do deporte

O baloncesto 3x3 será o protagonista nos distintos barrios da cidade ao longo dos tres próximos meses grazas á actividade Basket na rúa. A proposta está enmarcada dentro programa de prevención de drogas +xti da concellería de Xuventude e Deporte.

Deste xeito, a praza Anxo Fernández e a praza da Milagrosa, acollerán esta actividade lúdica todos os sábados de abril, maio e xuño. O obxectivo da actividade, que se canaliza a través da Fundación Breogán, é crear un espazo ao aire libre que fomente a convivencia a través do deporte e que permita a práctica e a formación deportiva no 3X3 nun ambiente de competitivididade sa.

Co programa ponse ao dispor mocidade unha actividade que permite fomentar os valores do deporte, “á vez que logramos promover actividades de lecer contribúan a promover o compañeirismo e o traballo en equipo”, sinalou o concelleiro de Xuventude e Deporte, Jorge Bustos. Os participantes poderán gozar da competición “nun ambiente san e que nos axuda a combater de forma indirecta consumos que poidan derivar en adiccións”, engadiu Bustos na presentación.

Sorteos, xogos ou gymkanas

Nela tamén participaron Salvo Arco, como representante da Fundación Breogán e Maximus, a mascota breoganista, así como técnicos do Servizo Municipal de Prevención de Drogas. Basket na rúa repartirá premios entre os participantes cada semana e realizaranse sorteos de material deportivo. A iniciativa está dirixida a nenos e adolescentes de entre 10 e 16 anos de idade, así como ás súas familias, co obxectivo de dinamizar a convivencia interxeracional.

Ademais, non será necesario realizar inscrición previa, xa que esta pódese facer o propio día da actividade con 30 minutos de antelación na carpa habilitada pola Fundación. As prazas están limitadas a un máximo de 40 participantes. Ademais do deporte en si, faranse outras actividades como psicomotricidade, xogos ou gymkanas. “A prevención de drogodependencias e o fomento de bos hábitos da saúde son dous labores que o deporte nos axuda a potenciar. Neste sentido, desde o Goberno local procuramos sempre unir o tecido educativo, social, deportivo, lúdico e familiar, para estender da cultura do rexeitamento”, concluíu o edil.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14418697357178