O banco de 14 metros do barrio de Paradai loce renovado

LugoXa
El banco de Paradai de Lugo luce renovado. La alcaldesa y el teniente alcalde visitaron la zona para supervisar los trabajos.
Estado anterior do banco
3 Xan 2022

A concellería de medio ambiente do Concello de Lugo investiu máis de 6.000 euros no arranxo do gran banco de Paradai, de 14 metros de lonxitude, acondicionando, con esta actuación, un dos espazos máis utilizados pola poboación residente neste barrio da capital.

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, xunto co tenente de alcaldesa Miguel Fernández, estiveron a supervisar o resultado da intervención ao tempo que aproveitaron a visita para conversar coa veciñanza sobre as necesidades que detectan na zona, dentro do “contacto permanente que mantemos cos e coas lucenses para coñecer de primeira man os seus problemas e as suxestións de mellora”, sostivo Méndez, que tamén lles avanzou que a creación da nova zona de descanso na confluencia de Río Sil, Hórreo e Ferro Caaveiro, incluída na estratexia de humanización de barrios para incrementar a súa comodidade e habitabilidade, comezará en breve.

Así mesmo, Lara Méndez e Miguel Fernández comentaron co presidente da Asociación de Veciños, Christian Fernández, a previsión do Concello de executar nesta área un novo espazo de ocio e convivencia cidadá, cunha zona de xogos infantís.

A adecuación do banco, que presentaba un estado de degradación importante debido ao seu uso e ao paso do tempo, consistiu na reposición dos taboleiros de respaldo, tratados cun sistema contra a humidade, e as pletinas, así como na limpeza do mesmo.

0.21136689186096