O barrio da Milagrosa organiza o I Open Nacional de Petanca
LugoXa
A cita está organizada polo Club de Petanca Muralla de Lugo
21 Ago 2024
O barrio da Milagrosa continúa a desvelar o programa para as súas festas. Como aposta deportiva programan o I Open Nacional de Petanca, unha cita que está organizada polo Club de Petanca Muralla de Lugo. A proba será o domingo 8 de setembro de 9.00 a 20.00 horas e conta coa colaboración do Concello, da Xunta e da Deputación.
Os interesados en participar deben aboar uns 45 euros, que é o prezo por equipo. Entregarán os catro primeiros premios aos mellores xogadores que van dende aos 600 euros ata os 100. Ademais tamén irán acompañados dun trofeo. E tamén darán os premios de consolación que van dende os 200 euros para o primeiro, ata os 50 para o terceiro.