O barrio da Piringalla celebra as festas o San Isidro co Combo Dominicano, Cinema e Gran Parada
O barrio da Piringalla celebra as súas festas na honra a San Isidro os días 15, 16, 17, 18 e 19 de maio coa colaboración da Xunta. Na primeira xornada recibirán os Bastóns de Ouro as persoas distinguidas este ano con este recoñecemento veciñal. Todos os días haberá animación musical con DJs, grupos e orquestras como o Combo Dominicano, Cinema ou Gran Parada. No programa tamén destaca unha xuntanza de coches clásicos que se concentrarán na rúa Manuel María o sábado 18 ás 11.00 horas; e o Día do Neno o domingo 19, que contará con atraccións e actividades infantís para os máis pequenos.
O mércores haberá misa solemne na igrexa da Milagrosa ás 12.30 e xa pola noite, a partir das 21.30, actuarán o grupo de baile dirixido por Ana e Tante. Elena Candia dará o pregón e farase entrega dos bastóns de ouro de San Isidro. Tamén organizan unha solta de globos en símbolo da paz e xa a partir das 22.45 horas comezará a verbena co Dj Ayran Núñez e co Combo Dominicano.
O xoves organizarase o oitavo Campionato do Mundo en Lanzamento de Pantuflas na rúa San Isidro con premios de 30, 20 e 10 euros máis trofeos. Xa pola noite, actuarán a partir das 22.45 horas o dúo Estrellas e a orquestra Cinema. O venres, actuará o grupo de zumba dirixido por Mila e a orquestra Gran Parada e o sábado terá lugar a primeira Xuntanza de Coches Clásicos na rúa Manuel María e verbena con Neón e o solista de Abanico José Manuel.
O programa remata co Día do Neno coa apertura de carruseis ás 12.00 e ás 17.00 horas. Volverá actuar o grupo de zumba e haberá degustación de chocolate con churros para a cativida ás 10.30 horas.