O barrio da Tinería acollerá máis de medio centenar de accións dentro do Localmente Lucense
Os comerciantes e hostaleiros da Tinería recibiron a presentación das actuacións que se van a desenvolver de maneira específica neste barrio do centro histórico da cidade dentro da campaña Localmente Lucense. Na reunión tamén participaron representantes da Asociación Itineris e da Asociación de Veciños, Comerciantes e Empresarios da Tinería.
Serán máis de medio centenar de accións de rúa as que se desenvolverán durante todo ano para que A Tinería se enche de vida e atraia visitantes e, polo tanto, clientela, pero tamén se desenvolverán numerosas accións en formación para os empresarios da zona.
Coa estratexia Localmente Lucense, de orgullo de barrio, búscase a dinamización do barrio co fin de que os lucenses se acerquen a coñecer esta zona emblemática da cidade e que a inclúan nas súas dinámicas de ocio e de compra. Ademais, isto axudará a formar aos empresarios para que teñan máis ferramentas para dirixir mellor os seus negocios e fidelizar aos seus clientes.
Os barrios son o centro da vida neurálxica de Lugo e polo tanto, tras a pandemia, estase a traballar para axudar a súa recuperación económica.
PROGRAMACIÓN
A programación de dinamización na rúa na Tinería incluirá, de abril a setembro, cine ao aire libre, actuacións musicais con grupos locais coa volta dos Tardeos e Noiteos, que tanto éxito tiveron cando os lanzamos na pandemia, espectáculos musicais, concertos e actividades de entretemento para todas as idades, tamén para os máis pequenos. Desenvolveranse, ademais, mercadillos, eventos grastronómicos e xornadas de recreacións históricas.
Así mesmo, os empresarios do barrio poderán participar nas distintas programacións estacionais en datas sinaladas, como as rebaixas de verán e inverno, o Samain, o Nadal ou San Valentín
Durante a reunión, a alcaldesa e os comerciantes e hostaleiros participantes buscaron consensuar datas e lugares concretos para a organización destas actividades, que serán anunciadas a través das canles do Concello e as propias da campaña.
Neste senso, se celebrará unha xornada de portas abertas no viveiro de empresas do Concello, dirixida a emprendedores, alumnado de institutos, entidades financieiras e cidadanía en xeral, e realizaranse ambiciosos programas de formación en áreas como administración e xestión, atención ao cliente, marketing, compras, comunicación, informática e comunicacións, internacional, marketing dixital, packaging, promoción e venda. Tamén haberá asesoramento ‘in situ’ sobre escaparatismo, ou iluminación. O plan inclúe almorzos de negocios, charlas con empresarios locais e expertos nacionais e actividades de dinamización polo Día Internacional do Emprendemento.
A maiores, ofrecerase a elaboración dun estudo individualizado a 50 empresas da Tinería, do CEI Nodus e do Coworking municipal, co obxectivo de fomentar o incremento de ventas nos viveiros do Concello, favorecendo que as empresas optimicen custos e que fidelicen aos seus clientes.