O barrio de San Lázaro acollerá en marzo un descenso de carrilanas

LugoXa
O barrio do San Lázaro de Lugo contará coa primeira edición dun descenso de carrilanas, que terá lugar o 9 de marzo, a partir do mediodía.
descenso de carrilanas san lazaro lugo portada
28 Xan 2024

O barrio do San Lázaro de Lugo contará coa primeira edición dun descenso de carrilanas, que terá lugar o 9 de marzo, a partir do mediodía.

Esta proba abre o calendario de competicións deste tipo que organiza a Federación Española de Deportes de Inercia e que é válido para a Copa Galicia.

As inscricións abriron este sábado e poderán facerse ata o día 6 de marzo. Comezarán a esa hora coas verificacións técnicas e o adestramento para facer os primeiros remontes ás 12.30 horas. Os adestramentos oficiais serán ás 13.00 horas e a verdadeira competición terá lugar a partir das 16.30 horas coa primeira baixada. A segunda será ás 18.00 horas.

0.18347191810608