O barrio lucense de San Antonio celebra as súas patronais
LugoXa
O barrio lucense de San Antonio celebra do 9 as 12 de xuño as súas festas nas que contará con algunha das mellores orquestras.
5 Xuño 2022
O barrio de San Antonio do Concello de Lugo celebra as súas festas. Do 9 ao 12 de xuño o barrio encherase de música e festa. Para a celebración contarán con algunha das mellores orquestras.
Así, a festa dará comezo o día 9 coa verbena a cargo da Paris de Noia e o DJ Lanis. O pinchadiscos tocará tamén o día 10 xunto á orquestra New York.
O sábado día 11 haberá sesión vermú e verbena, ambas a cargo da Orquestra Suavecito e, para rematar, o día 12, dende as 13.30 horas, a orquestra Escaparate amenizará a sesión vermú para repetir, máis tarde, na verbena.