O Biosbardo Club Deportivo estivo presente con tres deportistas no Campionato de España de Ultra Trail

LugoXa
Ademais, Tamara García volveu ao máis alto nivel e logrou a vitoria na Santyago 10k
CD-Biosbardo-Sangiao
13 May 2025

Tres deportistas do Biosbardo Club Deportivo participaron no Campionato de España de Ultra Trail, unha das citas máis prestixiosas do calendario nacional.

Organizada pola RFEA dentro da Domusa Teknik 40 mlk e cun percorrido de 65 quilómetros e 4.000 metros de ascens, esta proba estivo marcada pola inestabilidade meteorolóxica, que provocou un cambio nas condicións durante a última parte da competición, dificultando especialmente as baixadas.

Os tres representantes do club lugués, Eneko Hurtado, Jonathan Pérez e Iván Sangiao, foron os encargados de defender os nosos colores nesta dura cita. Iván Sangiao fixo unha excelente carreira, mantendo un ritmo constante desde o principio, chegando ao km 35 en 23ª posición; porén, debido a varias caídas, rematou en 28ª posición na clasificación xeral, logrando o bronce na categoría M35 con un tempo de 7 horas e 20 minutos.

Pola súa banda, Jonathan Pérez e Eneko Hurtado, que se estreaban nesta distancia, tamén superaron con éxito o desafío, rematando en tempos de 8 horas e 29 minutos e 11 horas e 11 minutos, respectivamente. A pesar das dificultades meteorolóxicas e das complicacións do terreo, ambos os deportistas lograron finalizar a que foi a súa proba máis longa ata a data, mostrando boas sensacións.

Ademais, a recente recuperación de Tamara García, que logo dun abandono na anterior cita do Campionato de España de Trail por seleccións en Ibiza, volveu ao máis alto nivel e levou a vitoria na "Santyago 10k", a famosa proba nocturna que percorre as rúas da capital galega. 

⚙ Configurar cookies
0.17583703994751