O Biosbardo logra seis podios individuais no Campionato Galego Absoluto de Trailrunning

O club Biosbardo de Lugo logrou seis podios individuais no Campionato Galego Absoluto de Trailrunning, celebrado o sábado 14 de febreiro en Barbadás, Ourense. O percorrido, duro e sinuoso, de 24 km con máis de 1.400 metros de desnivel positivo, chegaba tras semanas de temporais que castigaron o terreo.
Emilio Montilla proclamouse campión galego M55, mantendo unha posición destacada durante toda a carreira e remontando postos co paso dos quilómetros. O atleta de Vila de Cruces volveu ao máis alto do podio na súa categoría.
Tamara García conseguíu o subcampionato galego senior tras recuperarse dunha lesión. Sen adestramento específico nin contacto co monte nas semanas previas, cruzou a meta como 5ª absoluta, mantendo a segunda posición no ranking galego e en postos de selección.
Tere Dieste, de Aguiño, subiu ao segundo chanzo da categoría M45 grazas ao seu esforzo nos últimos meses, demostrando a súa habilidade en distancias máis longas e contribuíndo ao éxito do equipo.
Sergio García, bronce M40, sufríu calambres nos últimos quilómetros, pero acadou o podio na súa primeira tempada oficial co club, acumulando éxitos en todas as súas participacións.
Carla Trillo obtivo o bronce en M40. A corredora mariñá, afastada da loita polo podio absoluto por unha escordadura, completou a carreira loitando por asegurar a súa praza na selección galega.
Fanny Abelenda, bronce M35, tras ser subcampioa absoluta na edición anterior, regresou á competición oficial rozando o top10 absoluto e asegurando un novo podio na súa categoría.