O Biosbardo sobe ao podio na Ultra Sanabria, a mellor proba por etapas de trailrunning de España

LugoXa
Unha vez máis, Iván Sangiao non fallaba na proba raíña, 110 km con grandes rivais tanto nacionais como portugueses.
sanabria-club-biosbardo
8 Out 2024

O CD Biosbardo volveu a demostrar o seu gran nivel na Ultra Sanabria 2024, unha proba marcada a lume no calendario para o club, na que as montañas ó sur de Trevinca, que contornan o Lago de Sanabria, congregaron a máis de 1.100 atletas na que é considerada a proba por etapas máis prestixiosa de España, cun gran número de deportistas internacionais. Trátase dun evento de trail running por etapas onde ó longo de 3 xornadas se disputan as distintas modalidades, en función da súa distancia total, tendo a maiores dos premios xerais e diarios os característicos “maillots” de líder en tramos cronometrados, de ascenso ou descenso, a maiores do liderato xeral.

Unha vez máis, Iván Sangiao (Rábade, Lugo) non fallaba na proba raíña, 110 km con grandes rivais tanto nacionais como portugueses. Arrancaba decidido marcando o ritmo dende o comezo na primeira etapa, unha das máis espectaculares coa subida ó Pico Vizcodillo, perdendo uns valiosos minutos precisamente nese segmento de carreira, pero finalizando 3o absoluto e meténdose así no podio xeral, recortando distancias na última parte de carreira. Na segunda xornada agardaba unha batalla dura polo liderado da proba, pois o atleta de orixe marroquí, e internacional coa Federación Española Zaid Ait Malek, o extremeño Miguel Madruga e o Sangiao protagonizaron ataques constantes que só se decidiron nos últimos quilómetros, gañando novamente Zaid pero facéndose Sangiao co maillot de líder nos descensos.

Sen cambios na última xornada a pesar dos ataques entre tódolos deportistas, Iván afianzábase como 3o absoluto da Ultra Sanabria, soamente por detrás de Zaid Ait Malek e Miguel Madruga. Por diante pouco menos de 60 quilómetros con grandes nomes como os internacionais Mario Mirabel, Luis Alberto Hernando en homes ou Patricia Álvarez en mulleres. A primeira etapa consistía nunha “cronometrada nocturna” de 10 quilómetros, con inicio na praia de Folgoso (a carón do lago) e meta en San Martín de Castañeda.

Federico Losada (Barbadás, Ourense) partía nas primeiras posicións, sen referencias por tanto dos seus rivais, e rematando 5o ó final da xornada. Pola súa banda Estefanía (Laracha, Coruña) conseguía subirse ó 3o caixón na súa primeira participación. Na segunda etapa, a volta ó Lago con 20 quilómetros e saída voluminosa Federico Losada pagaba por unha mala colocación na saída, pero remontando posicións a medida que pasaban os quilómetros; entrando cuarto en meta colocábase tamén 4º da clasificación xeral, a 75 segundos do podio.

Fanny, treceira no Gran Trail

Pola súa banda Fanny afianzábase na terceira praza do Gran Trail. Na última xornada, onde todo parecía decidido chegou o ataque de ‘Fico’ cunha manobra moi intelixente na saída, colocouse en cabeza, perseguindo a Mario Mirabel e atacando ata a mesma liña de meta, remontando máis de 2 minutos e colocándose cun impresionante subcampionato no Gran Trail, tan só por detrás do internacional con España, Mario Mirabel. Fanny consolidaba a súa 3ª praza nunha etapa marcada polo cansanzo acumulado dos días previos, detrás da líder Patricia Álvarez e da tamén galega Belén Riádigos.

Na modalidade por parellas mixtas, donde tiñan que correr de forma simultánea dous atletas, estivemos representados por Enara Fernández (Caldas de Reis) e Eneko Hurtado (Lugo) que ficaron a menos de un minuto do podio no percorrido maratón. A destacar tamén as carreiras no Gran Trail e Maratón de Jonathan Pérez (Pedrafita) e Juan Miguel Fernández (Castro de Rei) cun 15o e 13o posto de categoría respectivamente.

No concello coruñés de A Baña disputábase a proba, pertencente ó circuíto federado da especialidade, donde a lucense Kenia Estrada tras unha carreira marcada por un temporal de vento e auga finalizaba na 3a posición absoluta da proba longa, de 27 quilómetros e 1.100 metros de ascenso.

0.18800711631775