O BNG aborda este martes nunha charla o traballo na pandemia

LugoXa
A charla, que se poderá seguir de xeito telemático, afondará na situación das traballadoras dos servizos de axuda no fogar por mor da covid
1 Mar 2021

O BNG retoma o seu ciclo de charlas feministas dentro da programación previa ao Día Internacional da Muller Traballadora, o 8 de marzo. Así, baixo o título 'Coidados e traballo en tempo de pandemia' debaterase sobre o papel da muller no sector económico, afondando na situación das traballadoras dos servizos de axuda no fogar e as situacións que teñen que afrontar por mor da crise sanitaria da covid-19.

A charla poderase seguir de xeito telemático mañá martes, día 2 de marzo, a partires das 19.30 horas, na páxina oficial de facebook do BNG de Lugo.

O encontro será presentado pola vicepresidenta da Deputación e concelleira de Cultura en Lugo, Maite Ferreiro, e contará coa participación de Ximena González, traballadora do SAF, e Cristina López, concelleira responsable de Mercados en Lugo, que darán o seu punto de vista sobre como está a afectar a actual situación sanitaria en dous sectores estratéxicos.

0.18890714645386