O BNG anuncia que levará ás institucións a situación do transporte ferroviario de Lugo

LugoXa
O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG levará ás distintas institucións onde ten presencia a situación do transporte ferroviario de Lugo, despois do último anuncio por parte de Renfe de eliminar a última conexión entre Ourense e Lugo en horario nocturno.
bng_lugo_tren
5 May 2024

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG levará ás distintas institucións onde ten presencia a situación do transporte ferroviario de Lugo, despois do último anuncio por parte de Renfe de eliminar a última conexión entre Ourense e Lugo en horario nocturno.

Arroxo valorou como un "desastre” a planificación levada adiante por Renfe dos servizos ferroviarios durante os traballos de mellora nas infraestruturas. O portavoz do BNG afirmou que “un só deputado do BNG en Madrid conseguiu que se puxeran en marcha as melloras das infraestruturas que son necesarias desde hai anos, mais estas melloras teñen que vir da man de mellores conexións e máis frecuencias, e non eliminando servizos".

O BNG critica que Lugo continúe con menos servizos que antes do inicio da pandemia, cando se eliminaron servizos como o tren nocturno de Lugo a Barcelona. "Lugo é a única cidade que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Compostela". O portavoz do BNG cualificou como un "desastre” a planificación dos servizos ferroviarios durante a mellora das infraestrutura.

Para o BNG, Galicia sofre unha evidente e histórica discriminación en canto a investimentos, tanto por parte dos gobernos do PP como do PSOE en materia ferroviaria, o que se traduce nun déficit en infraestruturas, equipamentos e servizos. Arroxo afirmou que a chegada do AVE a Galiza, con case 30 anos de atraso sobre a data anunciada nun primeiro momento polo goberno do Estado, "só supuxo que agora sexa máis rápido ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18690586090088