O BNG apoia a concentración convocada por Eólica Así Non o sábado en Becerreá

LugoXa
El BNG apoya la concentración convocada por Eólica Así Non en Becerreá para frenar la colocación de eólicos en los Ancares.
mobilizacion eolicos galicia portada
8 Dec 2021

O Bloque Nacionalista Galego apoia as mobilizacións convocadas pola coodinadora Eólica Así Non para o vindeiro sábado 11 de decembro ás 12 horas na praza do Concello en Becerreá.

Co motivo do Día Internacional das Montañas, diferentes colectivos sociais e sindicais organizan por todo Galiza concentracións en defensa dun desenvolvemento da enerxía eólica de forma xusta e non depredadora, e polo tanto, en defensa do territorio.

Os concelleiros do BNG de Ancares defenden que a comarca atópase no punto de mira das grandes corporacións enerxéticas para instalar diferentes parques eólicos como Chao do Marco, Restelo, Pena do Pico entre outros, producindo graves consecuencias para o desenvolvemento económico da zona como a destrución medioambiental desta zona.

Roberto Carballo, concelleiro do BNG en Navia de Suarna sinalou os efectos dos parques eólicos “o Patrimonio natural que contamos nos Ancares é inmenso, coa chegada destes macroproxectos o que farán é destruílo e pór en perigo o potencial gandeiro de moitas explotacións que se ven afectadas directamente”.

A concelleira do BNG en Becerreá, Sabela Pérez, declarou a necesidade de pór un ordenamento xusto sobre o territorio “a comarca de Ancares como a da Fonsagrada ou outras zonas de montaña do País afectadas por este boom, non podemos continuar con este ordenamento voraz contra o noso territorio, precisamos un novo plan eólico con urxencia”

Por isto, desde o BNG animan á veciñanza de Ancares como tamén da Fonsagrada e bisbarra da Montaña a que participen para frear a especulación do territorio coa produción eólica. Ao que tamén esixir á Xunta de Galiza a paralización de todos os proxectos até que non exista un novo plan sectorial eólico que garanta o desenvolvemento xusto desta actividade.

0.17452788352966