O BNG apoian á anpa de Rábade contra a decisión de agrupar dúas aulas
O Grupo Parlamentario do BNG vén de rexistrar unha bateria de iniciativas sobre as necesidades do CEIP Otero Pedrayo de Rábade, tras a xuntanza mantida Carme Aira e membros do BNG de Rábade coa anpa de dito centro. Carme Aira –deputada nacionalista pola comarca de Lugo- explica trala xuntanza co anpa que “no CEIP Otero Pedrayo de Rábade recibiron a nova da agrupación das unidades de 4ª e 5º de primaria xusto ao inicio do curso, algo que vai que non vemos axeitado pois estes son dous cursos que pertencen a ciclos distintos co cal o contido das materias a impartir polo profesorado son totalmente distintas. A anpa do centro xa se manifestou en contra desta decisión que cualifican como último inviste contra o ensino público por parte da Xunta de Galiza”.
Engade a deputada do BNG que “dende logo non pode entenderse de outro xeito semellante rixidez á hora de adoptar unha medida de inevitábeis efectos pedagóxicos e sociais negativos para esa comunidade escolar”.
Carme Aira asegura que “desde o BNG compartimos as demandas da anpa e esiximos que a realidade específica de cada centro, a realidade do contexto social e o papel que xoga o centro educativo no seu ámbito de influencia deben ser analizados e tomados en consideración. E demandamos a corrección inmediata da política educativa que a Xunta de Galiza leva aplicando durante estes 14 anos de goberno do Partido Popular, de recortar recursos e servizos no ensino público para favorecer a competencia dos centros concertados”.