O BNG aproveita a nevarada para continuar reclamando un tren digno para Lugo
O BNG aproveitou a nevada caída hoxe en Lugo para realizar unha acción reivindicativa dentro da campaña Lugo Quere Tren, reclamando uns mellores servizos ferroviarios. O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que “desde o BNG seguiremos traballando para que Lugo conte cun tren digno, con conexións que sexan útiles para a veciñanza”, e criticou que “o goberno do Estado non aceptase as emendas do BNG aos Orzamentos do 2023, que buscaban poñer fin ao déficit histórico ao que se está a someter a Lugo en materia de infraestruturas, equipamentos e servizos, especialmente no transporte ferroviario”.
Entre as reclamacións da campaña Lugo Quere Tren, figuran a modernización da vía Lugo – Coruña, a conexión con Compostela e a recuperación dos servizos eliminados nos últimos anos, “o que permitiría dar un paso adiante na conexión de Lugo co resto de Galiza”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “Lugo é a única cidade de Galiza que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Compostela”.
Rubén Arroxo lembrou que “no ano 2018 realizamos unha acción reivindicativa similar reclamando unha mosqueira peonil”, e engadiu “a veciñanza de Lugo pode desfrutar deste novo espazo sen coches, que xa se coverteu nunha zona referencial de Lugo, tanto para as persoas que residen aquí como para as e os visitantes que se achegan”.