O BNG comprométese a levar a arte a todos os espazos de Lugo

LugoXa
Arroxo: “a partir do 28 de maio continuaremos co culturban levando a arte a todos os espazos de Lugo” co mural no Sagrado Corazón.
arroxo culturban mural sagrado corazon
21 Abr 2023

O candidato do BNG á Alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a partir do 28 de maio, co BNG á fronte do Concello de Lugo, “traballaremos para consolidar as nosas rúas como un espazo vivo, cheo de arte e cultura nas rúas”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “neste mandato puxemos en marcha o Culturban, un proxecto que puxo a Lugo no mapa do arte urbano, achegando ás nosas rúas a muralistas de prestixo a nivel galego, estatal e internacional”.

Outras das propostas do BNG é a de continuar a posta en marcha de ciclos culturais “tanto na rúa como en espazos e locais da cidade para incrementar a oferta cultural, ofrecer un atractivo turístico e dar a artistas locais a oportunidade de presentar os seus proxectos”. “Abrir espazos para a cultura e promover aos artistas locais é e será un dos obxectivos en materia cultural” anunciou Rubén Arroxo.

Arroxo anunciou a proposta na praza do Sagrado Corazón, “onde contamos cun mural do proxecto Superavoas, un dos máximos expoñentes da pintura contemporánea galega”, explicou Rubén Arroxo. O mural caracterízase por un marcado estilo hiper realista, onde mostra escenas cotiás, a través dunha pincelada moi suxestiva e de forte influencia fotográfica. Desde os seus comezos o proxecto Superavoas adquiriu un importante éxito, sendo as súas obras seleccionadas en numerosos certames e premiadas en varios concursos de artes plásticas.

0.11639785766602