O BNG convocará mobilizacións pola Rolda Leste
O BNG iniciará unha campaña informativa sobre o proxecto da Rolda Leste tal e como informou o candidato á alcaldía Rubén Arroxo que explicou que desde o BNG “seguiremos informando á veciñanza sobre os danos que este proxecto suporá na contorna do río Rato, destruíndo máis dun kilómetro de terreo”, e engadiu “sería impensable hoxe repetir o debate de hai 100 anos sobre derrubar a muralla, pero é algo similar ao que a Rolda Leste suporá para o río Rato”.
Arroxo anunciou que a campaña do BNG incluirá mobilizacións “para facilitar que a veciñanza amose a súa oposición a este proxecto”, e puxo como exemplo o derrubamento do Gran Teatro, “algo que xa non ten marcha atrás e que supuxo unha gran perda para Lugo, non podemos permitir que isto se repita na contorna do Rato”.
O portavoz nacionalista convidou a toda a veciñanza a participar das mobilizacións, “incluíndo á candidata do PP, quen xa asisitiu ás manifestacións de Lugo Quere Tren, a quen chamamos a defender o patrimonio natural de Lugo”