O BNG critica á Xunta por deixar sen rematar a obra na Residencia

LugoXa
Deixaron dous metros do antigo muro apuntalados e con conexións eléctricas
muro-no-barrio-da-residencia-obra-xunta
Vista do muro
14 Xuño 2024

O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, reclamou seriedade á Xunta de Galiza á hora de realizar actuacións en Lugo. Arroxo criticou a solución adoptada no barrio da Residencia, deixando un fragmento de 2 metros do muro do antigo hospital con conexións eléctricas. Arroxo afirmou que a solución adoptada pola Xunta de Galiza é "unha chafallada" e que representa "o compromiso da Xunta con Lugo".

Rubén Arroxo afirmou que "mentres desde o goberno de Lugo traballamos para mellorar a cidade, tamén no eido estético, a Xunta demostra que non lle preocupa a cidade de Lugo, permitindo este tipo de solucións que empeoran a imaxe da cidade". O BNG reclama á Xunta "que actúe para eliminar por completo este muro, completando a mellora da zona recentemente renovada".

O portavoz do BNG lembrou á Xunta os compromisos que ten pendentes con Lugo, "como a renovación integral do barrio da Tinería, paralizada desde o ano 2009, ou a oportunidade de mellorar a dispoñibilidade de estacionamento na contorna do centro da cidade abrindo os aparcadoiros dos edificios públicos titularidade da Xunta".

0.19718813896179